Quotes by Xosé Luís Méndez Ferrín

"Veleiquí a man alongada na
direucion do tempo e os ollos reptando como
un rió que escorre en folgados
anuncios da final derrota no
mar e veleiquí a man concentrada de
sempre, cerciorando a condición imposible
de cada cousa e veleiquí os ollos que
capaces serían de pór ponto final á
direución do tempo e declaro formalmente que cada intento de achega-la man -veleiquí
a man alongada cara ti evós- afoga nas
toldadas augas dos vencidos meus
ollos, á espera dunha poboación máis fera
e leda e veleiquí o remate do
vivir, tantos e tantos anos retrasado."
0 likes

"Veleiquí a man alongada na
direución do tempo e os ollos reptando como
un río que escorre en folgados
anuncios da final derrota no
mar e veleiquí a man concentrada de
sempre, cerciorando a condición imposible
de cada cousa e veleiquí os ollos que
capaces serían de pór ponto final á
direución do tempo e declaro formalmente que
cada intento de achega-la man -veleiquí
a man alongada cara ti e vós- afoga nas
toldadas augas dos vencidos meus
ollos, á espera denhua poboación máis fera
e leda e veleiquí o remate do
vivir, tantos e tantos anos retrasado"
0 likes

"E quíxenvos (queréndome) coma un río que fose
dos meus ollos a vos, as tidas e perdidas,
limítrofes do amor, esquencidas pra sempre.
E quíxenvos autente, e case non vos quixen
antre tanto artefauto, construcción, mala pedra,
que nos ten envisgados
nas cousas, coma lentos navíos que mainamente esbaran."
0 likes

"E quíxenvos moi escasamente a todas
porque nas regandixas de eu caben ourizos e sofrir é amor
e nada para o tempo que destrue os ourizos.
E quíxenvos (queréndome) coma un río que fose
dos meus ollos a vós, as tidas e perdidas,
limítrofes do amor, esquencidas pra sempre.
E quíxenvos autente, e case non vos quixen
antre tanto artefauto, construcción, mala pedra,
que nos ten envisgados
nas cousas, coma lentos navíos que mainamente esbaran."
0 likes

Xosé Luís Méndez Ferrín
  • Xosé Luís Méndez Ferrín

  • Date of birth: August 07, 1938
  • Born: in Ourense, Galiza.

  • Description: É un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea; é membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, da cal é presidente dende o 23 de xaneiro de 2010.

    De neno viviu na casa materna na rúa da Reza de Ourense. O seu pai, Venancio Méndez Feijóo, era fillo dun comerciante de Vilanova dos Infantes; e a súa nai, María Ferrín Novoa, era filla do mestre e xornalista Ángel Ferrín Moreiras. Na cidade de Ourense fixo o primeiro curso de Bacharelato, e en 1949 trasladouse coa súa familia a Pontevedra, onde rematou os estudos de grao medio no Instituto da cidade. Nesa etapa foi tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de Castelao ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional. Alí formouse na biblioteca de Andrés e Jesús Muruais, e publicou os seus primeiros textos na revista Litoral co pseudónimo de Laín Feixoo.

    En 1955 a súa familia trasladouse a Vigo, e el foi estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí tomou contacto co galeguismo cultural nucleado na Editorial Galaxia en torno á figura de Ramón Piñeiro, pero non tardou en reclamar unha nova articulación da oposición política ao franquismo e do propio nacionalismo, o que provocou a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En 1956 foi primeiro premio de poesía nas Festas Minervais de Santiago. En 1957 foi vivir a Madrid e tres anos despois licenciouse en Filoloxía Románica. Nesta cidade mantivo estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí localizados. Así, en 1958, creouse o grupo Brais Pinto, constituído en torno á editorial do mesmo nome. En 1961 seguiu un curso de cultura inglesa na Universidade de Oxford, e entre 1963 e 1965 fixo diversas viaxes por Europa. Tras facer o servizo militar nas illas Canarias, entre 1962 e 1964 foi mestre no Colexio Fingoi de Lugo, até que en 1965 obtivo a Cátedra de Lingua e literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo instalándose finalmente nesa cidade.

    Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións -a última, cando xa estaban en vigor as institucións democráticas españolas-, sufrindo torturas e varios ingresos no cárcere.[Cómpre referencia] Durante a súa estancia no penal de El Dueso (Cantabria) escribiu Retorno a Tagen Ata e Antón e os inocentes.

    Recentemente xubilou e retirouse do seu posto de profesor de literatura no Instituto Santa Irene. Tamén é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro, que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal. Ferrín é membro da Real Academia Galega e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. É Doutor en Filoloxía.

    Xosé Luís Méndez Ferrín foi proposto ó Premio Nobel de Literatura pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Foi galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica de Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico. No 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura, que integra os Premios Nacionais da Cultura Galega.

    Xa en 1958 formaba parte do grupo plástico-literario Brais Pinto, de tendencia nacionalista e moi influído pola estética beat. Nas súas viaxes por Francia e Inglaterra tomou contacto co marxismo, un feito transcendental para a súa biografía mais tamén para a evolución do nacionalismo galego na segunda metade do século XX. En sintonía con exiliados coma Luís Soto, Méndez Ferrín xulgou única saída posible para a Galicia contemporánea a fusión entre galeguismo radical e marxismo-leninismo, consonte os movementos de liberación nacional que triunfaban en Cuba, Vietnam ou Alxeria. Este proceso ideolóxico culminou, en 1964, na creación da Unión

Topics